domingo, 20 de octubre de 2013

PREMIOS TRUEIRO 2013


VI PREMIOS TRUEIRO

 Melide 2013

Os Premios do Xornal de Pesca Deportiva Trueiro destacan e recoñecen o traballo

de aquelas persoas, clubes, sociedades, profesionais, entidades, firmas comerciais

e organizacións que se teñan distinguido ao logo do ano na defensa da pesca

deportiva, na consolidación dos valores sociais da mesma, en favor da pureza das

augas continentais e na dinamización da sociedade galega a través dunha actividade

inherente á evolución humana.

O sábado 16 de novembro, ás 8 da tarde, entregaranse os VI Premios Trueiro no

Salón de Actos do Edificio Multiusos de Melide.

O xurado dos VI Premios Trueiro, composto polo Consello de Administración,

Consello de Dirección, Consello de Redacción e Consello Asesor do Xornal Trueiro,

decidiron por unanimidade os Premios Trueiro deste ano:

Premio Línea Tensa ao Profesor Alejo Carballeira Ocaña, Catedrático de Ecoloxía da

USC e director do grupo ECOTOX.

Premio Donde Hay Que Estar a Javier Rois, Presidente do Centro de Iniciativas e

Turismo de A Pontenova.

Premio Qué Pasa á Plataforma pola defensa do Sar.

Premio A Nosa á Armería Mago de Chantada.

Premio Trueiro-Doctor Moralejo a Julio Gigirey.

No acto, proxectarase a nova producción da factoría da División Audiovisual de

Trueiro, o documental “Pascal Cognard en Galicia” producido durante a visita que o

tricampión mundial realizou este ano para participar no Campionato de Waldemar.

A Gala será presentada polo xornalista deportivo Terio Carrera.

Posteriormente ao acto, ao que se asiste por rigurosa invitación, servirase un cóctel.

Alberto Torres.

Director do Xornal Trueiro.

Tlno: 605 841 927

No hay comentarios:

Publicar un comentario