sábado, 11 de abril de 2015

Troita de Ouro da Pontenova aos “Artesáns da Pesca”



Troita de Ouro da Pontenova aos “Artesáns da Pesca”

En A Pontenova, a 7 de abril de 2015.

Reunida a Xunta Directiva do Centro de Iniciativas Turísticas para nomear a Troita de

Ouro deste ano, a persoas ou colectivos que se distingan pola defensa, investigación,

divulgación e deporte da pesca fluvial; decídese conceder a Troita de Ouro ao

colectivo “Artesáns da pesca”.

A gala de entrega terá lugar o vindeiro día 30 de abril, ás 8 da tarde, no salón de actos

da Casa da Cultura de A Pontenova.

No mesmo acto, terá lugar a lectura do Pregón a cargo do pescador e xornalista Juan

Delibes a quen tamén se lle imporá a Insignia de Ouro da XXXVII Festa da Troita.

Posteriormente terá lugar a inauguración do Aula de Interpretación da Pesca (Museo

da Pesca) sita no edificio da Oficina de Turismo de A Pontenova.

Xunta Directiva CIT A Pontenova.

“ARTESANS DA PESCA”

Este grupo de artistas do torno, da creación e da montaxe de todo tipo de

complementos de pesca acadaron a CARTA DE ARTESÁN da XUNTA DE GALICIA

en 2010 e quedaron inscritos no Rexistro Xeral de Artesáns da administración

autonómica.

JULIO SEIJAS, OSCAR GAYOSO, FERNANDO COMBA, FRANCISCO PORTO,

SUSO VILAR, ALBERTO MERA, ANDRÉS TOUCEDA, MANUEL GARCIA, ELOY

SAAVEDRA, NOELIA GAYOSO, XAQUÍN L. MUÍÑOS, MIGUEL SEOANE, LUIS

PIÑEIRO, JUAN JOSE GAYOSO, JORGE RODRÍGUEZ MADERAL e JOSE MANUEL

BALDONEDO.

Pincipios e Obxectivos de “Artesáns da Pesca”:

- Divulgar a artesanía da montaxe.

- A defensa do mundo da pesca como actividade lúdico-deportiva.

- A dignificación e potenciación da montaxe artesanal de moscas, señuelos e

complementos de pesca.

- A organización e desenvolvemento de cursos de montaxe em colaboración coa

Estación de Hidrobioloxía Encoro do Con.

- A dinamización do sector da montaxe e da creación.

- A defensa do producto autóctono fronte as intromisións de mercados foráneos.

- Estipular un código profesional para a comercialización de complementos de pesca.



Foto. trueiro.com


No hay comentarios:

Publicar un comentario