miércoles, 24 de septiembre de 2014

2ª Xornada Técnica de Pesca Deportiva e Medio Ambiente



2ª Xornada Técnica de Pesca Deportiva e Medio Ambiente
Lagoa Mina Mercedes – Concello de Valga
Sábado, 27 de setembro de 2014

Esta xornada de achegamento do medio natural e da pesca deportiva a un grupo de rapaces e rapazas e Valga ten a finalidade de dar a coñecer e divulgar os valores deportivos e sociais que ten a pesca continental, o mundo da montaxe de moscas e señuelos para a pesca, o potencial que atesouran as augas continentais e a nosa relación co medio natural.
Nesta experiencia, a actividade principal, xirará arredor da iniciación no mundo do torno e da creación de moscas e complementos para a pesca da troita, reo e salmón.
A tal efecto, programáronse tres actividades: o Obradoiro de Artesanía de Pesca, un Clinic de Lance e a Pesca Técnica na lagoa. Estes talleres terán como monitores aos Artesáns Julio Seijas, Oscar Gayoso, Fernando Comba, Luis Piñeiro e Paco Porto (“Artesáns” pola Comisión Galega de Artesanía 2010- Xunta de Galicia).
Trataremos de achegar, en liñas xerais, a significación da auga, a senlleira importancia dos cursos fluviais e a interrelación entre o medio natural e a pesca dende a perspectiva da súa modalidade máis conservacionista, responsable e sostible, como é a pesca sen morte.

Programa e horarios
Sábado 27 de outubro:
10:00 h.- “Pesca e Ocio”. Introducción de Miguel Piñeiro.
10:15 h.- Obradoiro de Artesanía de Pesca (Taller de Montaxe interactivo) a cargo dos “Artesáns” Julio Seijas, Oscar, Gayoso, Fernando Comba, Luis Piñeiro e Paco Porto (moscas para troita, reo, salmón e reclamos para pesca no mar).
12:30 h.- Clinic de Lance e Pesca Técnica na Lagoa Mina Mercedes. Metodoloxía protocolaria da captura e solta dos peixes.
14:00 h.- Clausura a cargo do Alcalde de Valga.

Organización: Concello de Valga.
Colaboran as asociaciones xuvenís Valga Bule, A Eira e Mocivalga.
Secretaría executiva: María Xosé Devesa.
Dirección Técnica: Miguel Piñeiro.


No hay comentarios:

Publicar un comentario