domingo, 7 de febrero de 2016

TALLER DE MONTAXE E CONCURSO DE MOSCAS DA SOCIEDADE DE CAZA E PESCA DE SILLEDA


 

A sociedade de Silleda coordinou unha serie de iniciativas paralelas ao taller deste ano e ao concurso de montaxe.
Ademáis das actividades técnicas como a Exhibición do Campión do Mundo, o Taller de Montaxe, o Clinic de Lance e o Concurso de Montadores de Moscas, a exemplar Sociedade de Silleda foi quen de poñer a traballar na mesma liña ao Concello e á hostelería local, de xeito que ademáis dos actos propios da pesca haberá restaurantes que sirvan menús específicos para esta fin de semana, tamén haberá unha ruta de tapas, haberá visitas guiadas a lugares clave da comarca e todos aqueles que queiran pernoctar na noite do sábado ao domingo terán prezos asequibles nos paquetes especiais que para este evento configuraron os establecementos hoteleiros de Silleda.
Un gran esforzo da Sociedade de Silleda, ben secundados polo Clube Castillo Ulla-Deza, e unha impresionante capacidade de xestión.
PROGRAMA DEFINITIVO:

SABADO:

10:00 h.- II Taller e Exhibición de Montaxe de Moscas e Señuelos
David Arcay – mosca seca
Julio Seijas – mosca seca
Oscar Gayoso – mosca seca
Fernando Comba – mosca afogada
Manuel García – peixes artificiais
Eduardo Fontela – culleriñas feitas a man

14:00 h.- Comida

16:00 h.- Continuación do II Taller de Montaxe

18:00 h.- Sorteo dun carrete de pesca a mosca Baetis Nymph Matic
(Doado por VEDA ABIERTA de Vila de Cruces)
* Os números entregaranse no mostrador do Hostal Casas Novas

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario